Podes formar parte da Plataforma de Innovación Aberta a través dun proceso sinxelo e seguro, e comezar a beneficiarte dos servizos clave da plataforma: Espazo de Datos, Sandbox de Innovación e Marketplace. A continuación, explicámosche os pasos:
O PAU é o punto de entrada para interactuar con todos os servizos da Plataforma de Innovación Aberta (PIA). Desde aquí poderás crear o teu perfil e iniciar sesión, xestionar os teus accesos aos servizos (tamén chamados compoñentes) e comezar a túa participación na plataforma.
Só tes que facer clic no botón “Iniciar sesión” [Parte superior esquerda da pantalla] e seguir o proceso de autenticación segura, tanto para a primeira vez de creación de usuarios, como para as seguintes sesións. Este proceso de autenticación é o segundo paso, que se explica a continuación.
Ao facer clic en "Iniciar sesión", serás redirixido – momentaneamente- á plataforma segura de Microsoft Entra ID (login.microsoftonline.com).
• Se é a túa primeira vez, poderás crear unha conta nese mesmo momento.
• Se xa tes unha conta, podes iniciar sesión directamente.
Non é necesario introducir un contrasinal: recibirás un código dun só uso (OTP) por correo electrónico. Unha vez validado, volverás automaticamente ao PAU coa túa sesión iniciada.
Unha vez creado o teu usuario, só poderás descargar no Marketplace; para acceder plenamente aos servizos da PIA, é dicir, para poder acceder ao Espazo de datos, testear nunha Sandbox e publicar no Marketplace, é necesario contar cunha entidade, que pode ser unha empresa, centro tecnolóxico, etc.
Na PIA, usamos o termo “empresa” para referirnos de forma xeral a calquera tipo de entidade participante: empresa, centro tecnolóxico, universidade, clúster, etc.
Para solicitar a creación da túa empresa, debes realizar o seguinte e cumprir cos seguintes requisitos:
• Accede ao formulario de solicitude desde o PAU.
• Completa os campos requiridos do formulario “Crear empresa”. Este formulario pódelo conseguir no menú da túa área privada.
• Adxunta a documentación acreditativa que se detalla no formulario, especialmente a documentación que acredite a titularidade da empresa como, por exemplo, unha declaración responsable do apoderado.
Unha vez revisada e aprobada a solicitude polo equipo do CoE, a túa entidade será rexistrada e poderás comezar a solicitar accesos a todos os servizos: Espazo de datos, Sandbbox e Marketplace. Non é necesario crear empresa para calquera descarga en Marketplace.
Unha vez a túa entidade foi rexistrada, os usuarios asociados poderán solicitar acceso aos principais compoñentes da PIA:
• Espazo de datos
Accede a contornas seguras para compartir, analizar e reutilizar datos de forma colaborativa. O acceso solicítase mediante o formulario chamado “Acceso ao Espazo de datos”, que estará na túa área privada. Este formulario é moi sinxelo, só terás que definir o tipo de datos que vas ofrecer no caso de que queiras ser publicador de datos e o tipo de datos que desexas buscar, no caso de ser consumidor. Lembra que este formulario o deberás cumprimentar unha vez se teña a entidade rexistrada.
• Sandbox de innovación
Experimenta, valida e co-desenvolve solucións nunha contorna controlada. Para solicitar acceso, deberás cumprimentar o formulario chamado “Acceso á Sandbox”, que o podes localizar na túa área privada do PAU. Ademais de cumprimentar os campos solicitados, deberás presentar unha memoria técnica do proxecto innovador que desexas desenvolver, xunto cos documentos e declaracións de responsabilidade obrigatorias, especialmente os relacionados co plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR). Na túa zona privada explícase como cumprimentar a memoria técnica sobre o teu proxecto; con isto garántese que o uso da Sandbox está destinado á innovación no sector turístico. Elaboramos unha guía para cumprimentar esta memoria que poderás atopar no seguinte enlace Guía de usuario.
• Marketplace de servizos e aplicacións
Comparte solucións tecnolóxicas, recursos reutilizables, módulos e algoritmos orientados ao sector turismo e á innovación aberta. O acceso, para publicar as túas solucións, xestiónase tamén mediante formulario desde o espazo privado. Os campos que cumprimentar no formulario de “Acceso ao Marketplace” son: o nome da primeira solución que publicarás, o tipo de solución e a que público vai dirixido. Para descargar as solucións non é necesario ter creada unha entidade, só se necesita estar rexistrado como usuario no PAU.
O equipo do Centro Operativo de Excelencia (CoE) está dispoñible para acompañarte en cada paso. Se tes dúbidas sobre o proceso, documentación ou requisitos, podes contactar a través do formulario de soporte do PAU.
Actores do espazo de datos:
Actores da Sandbox:
Empresas tecnolóxicas: organizacións que desenvolven ferramentas dixitais ou servizos tecnolóxicos orientados ao sector turístico e buscan desenvolver e validar.
Administracións públicas: entidades gobernamentais e destinos turísticos interesados en explorar e adoptar tecnoloxías innovadoras para mellorar a experiencia dos visitantes e optimizar a xestión do turismo.
Universidades e centros de investigación: institucións académicas e científicas con proxectos de investigación aplicada en turismo e tecnoloxía, que necesitan un espazo para experimentar e transformar as súas ideas en solucións prácticas.
Asociacións do sector: agrupacións empresariais, clústeres tecnolóxicos e hubs de innovación que buscan fomentar a colaboración entre os seus membros e o desenvolvemento de proxectos conxuntos con impacto no turismo.
Destinos: entes xestores que impulsarán ás empresas que dispoñan de servizos tecnolóxicos orientados ao sector turístico para que dinamicen o intercambio de datos e potencien novos casos de uso (compartición ou posta en común de problemáticas e solucións similares: masificación no verán, xestión de fluxos, zona de congresos afastada aos aloxamentos…) que melloren a xestión do destino, así como o desenvolvemento doutros produtos innovadores.
Actores do Marketplace:
We are the leaders in the building industries and factories. We're word wide. We never give up on the challenges.